O BNG logra un respaldo unánime para pescudar a vertedura de fuel do 13 de outubro

13 Novembro 2020

Volve á palestra informativa a vertedura de fuel na ría de Arousa, de cuxa aparición e posterior dispositivo de contención falamos a mediados de outubro dende O Barbanza, poñendo o foco, tamén, nas reclamacións do BNG para pescudar a orixe da contaminación e depurar responsabilidades. Pois ben, a proposta do partido nacionalista para determinar a causa e as consecuencias da mancha acadou finalmente un acordo unánime. A deputada Rosa Pérez informou de que non se trata dun caso illado, e que este tipo de agresións ao medio seguen a ser, nas rías, unha materia pendente de resolver.

Máis polo miúdo, a proposición non de lei do BNG, aprobada por unanimidade na Comisión de Pesca e defendida pola deputada nacionalista, Rosana Pérez insta á Xunta a “contrastar os medios existentes para combater calquera risco de contaminación mariña” e “investigar a orixe e consecuencias da vertedura de fuel, producida o pasado 13 de outubro, na ría de Arousa”.

Na súa intervención, a deputada nacionalista explicou que nas primeiras horas da tarde do día 13 de outubro foi detectada unha “mancha de fuel de máis dun quilómetro de extensión na ría de Arousa”, entre a illa de Rúa e o Pombeiro, mancha que, ao día seguinte, “lonxe de estar controlada seguía recibindo hidrocarburo e que pode estar afectando ás proximidades da illa de Sálvora, que forma parte do parque marítimo-terrestre das Illas Atlánticas”. Pérez engadiu que se ben nos primeiros intres todo semella indicar que se trata do “sentinazo” dun barco, “co paso das horas investigouse se pode proceder do emisario de Touro, no concello de Ribeira”.

Nas súas palabras, “a realidade é que as augas das rías galegas e, en particular, as da ría da Arousa soportan un nivel de verteduras que mina continuamente os recursos naturais da zona e que teñen un gran impacto no entorno dunha área extremadamente sensíbel dende o punto de vista produtivo e medioambiental”. Neste sentido, engadiu que investigacións da Administración galega sinalaron que a ría de Arousa foi no ano 2019 a que máis verteduras rexistrou con carga microbiolóxica ou química tóxica.

A respecto da importante económica que xera esta contorna natural, Pérez lembra que “neste espazo de grande produción desenvolven o seu traballo preto de 2.000 embarcacións de baixura e marisqueo a flote, milleiros de bateeiros e mariscadoras a pé, aos que hai que sumar a riqueza que de xeito inducido xera a actividade extractiva no mar noutros segmentos da actividade económica”. Na súa opinión, “hoxe en día existen sistemas técnicos e ferramentas suficientes para recoñecer aos responsábeis e poderlles aplicar a sanción correspondente”.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Retiran un envase de ácido pícrico de un centro de residuos en Padrón

O Equipo de Desactivación de Explosivos (EDEX) da Garda Civil da Coruña interveu nun centro de xestión de residuos en Padrón para retirar un envase de ácido pícrico, unha substancia potencialmente perigosa debido á súa capacidade explosiva en certas condicións. Garda...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...