O BNG reclama ao Goberno galego pescudar a orixe e consecuencias do vertido na ría de Arousa

16 Outubro 2020

O Bloque Nacionalista Galego quere que se investigue a procedencia da mancha de fuel que contaminou os días pasados un área importante da ría de Arousa (chegou a ter unha extensión de 15 campos de fútbol, malia que finalmente puido ser controlada polo operativo de buques coordinado pola administración estatal) e que se depuren responsabilidades. A respecto disto, o BNG presentou unha batería de iniciativas no Parlamento galego para reclamar que a Xunta contraste os medios existentes para combater calquera risco de contaminación mariña, logo da dita vertedura, sobre a que o Bloque tamén pide unha investigación do Goberno galego.

Segundo fixo saber a deputada Rosana Pérez, o acontecido este martes 13 de outubro non “é un caso illado” e con el “faise evidente que a contaminación na ría segue a ser unha materia pendente de solucionar por parte das distintas administracións que, en moitas ocasións, realizan investimentos multimillonarios neste ámbito de actuación que despois non se manteñen axeitadamente ou non son obxecto da vixilancia e inspección que precisan”. Neste sentido, lembra que o plan territorial de continxencias por contaminación marítima (Plan CAMGAL) demanda dende 2017 dos concellos plans locais que inclúan a sinalización de riscos, as zonas vulnerábeis e os medios necesarios diante de verteduras contaminantes ou tóxicas e cómpre saber se os distintos municipios da ría dispoñen deles.

O BNG tamén pediu Goberno galego a realizar unha investigación propia sobre o vertido deste martes 13 de outubro, co obxectivo de “determinar a súa orixe e consecuencias para os recursos naturais dunha área extremadamente sensíbel dende o punto de vista produtivo e medioambiental”.

Rosana Pérez lembrou ao Executivo que as investigacións da propia administración galega sinalaron que a ría de Arousa foi no ano 2019 “a que máis verteduras rexistrou con carga microbiolóxica ou química tóxica”.

Por outra banda a deputada explicou que en calquera das dúas hipóteses baralladas sobre a orixe da mancha deste martes, “sentinazo ou vertedura dende terra”, hoxe en día “existen sistemas técnicos e ferramentas suficientes para recoñecer aos responsábeis e poderlles aplicar a sanción correspondente á infracción cometida”, comentou, engadindo que no caso do emisario do Touro, en Ribeira, aínda están preto os episodios contaminantes que se produciron en varias ocasións “polo seu deterioro e por non cumprir as súas funcións de depuración e dilución”. Pérez recordou que algunha destas verteduras foi, en 2007, obxecto de sentenza xudicial contra o Concello de Ribeira por afectar a un polígono de bateas. Segundo lembrou, dende a entrada en funcionamento da EDAR ribeirense, o emisario evacúa as augas residuais depuradas do Polígono de Xarás e, no caso dun fallo na depuradora, debera aliviar de emerxencia e evitar que as augas residuais sen depurar cheguen ao mar.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.