Controlada a mancha de fuel detectada na ría de Arousa

14 Outubro 2020


A Xunta mantén pechado o polígono de bateas Ribeira B de forma preventiva. A subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra comunicou que a mancha de fuel detectada na xornada de onte na ría de Arousa foi controlada.

Catro embarcacións traballaron desde primeira hora da mañá na zona na que se detectou a mancha. Trátase de tres patrulleiras do servizo de Gardacostas de Galicia e o remolcador Don Inda, de Salvamento Marítimo.

Os labores destes barcos realizaronse nas proximidades de punta de Touro, en Ribeira e centraronse na colocación de barreiras anticontaminación para conter a vertedura e en tarefas de recollida do fuel mediante sistemas de aspiración e elementos absorbentes. Realizáronse traballos de extracción xunto á Ila de Ons.

Tanto a Capitanía Marítima de Vilagarcía como o Seprona da Garda Civil teñen abertas senllas investigacións respecto á orixe da mancha.

Polo momento continúa activado o Plan Marítimo Nacional de resposta ante a contaminación mariña, en fase de emerxencia 1, que é a que corresponde a casos nos que a contaminación non se sitúa nas inmediacións dos portos.

Con todo, tras a favorable evolución dos traballos de contención da vertedura esa opción xa foi desestimada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.