Esta finde chega a oitava xornada do Boiro Voleibol

13 Novembro 2020

O Club Boiro Voleibol xogará este fin de semana a 8º xornada da liga. Os pequenos disputarán partidos na Cachada, aínda que tamén se desprazarán a Monforte de Lemos.

O venres ás 18:30 horas haberá tres partidos na Cachada. Enfróntanse o JEALSA CM, o JEALSA XM e o JEALSA XF coas categorías correspondentes do Calasancias Coruña. Mentres, o sábado, xogarán en Monforte de Lemos ás 10:00 horas dous equipos boirenses, o JEALSA IF e o JEALSA XF. O seu adversario será o Ribeira Sacra nas diferentes categorías. Ás 12:00 horas disputarase o partido entre o JEALSA CF e o Ribeira Sacra.

Ademais, este fin de semana acolle un partido da Superliga de Voleibol Masculina. Xogan o sábado ás 19:00 horas na Cachada, o Rotogal contra o Ube L´Illa Grau. Un partido axustado que poderán ver os abonados, despois de notificar a súa asistencia en gestion.boirovoleibol@gmail.com

O máis importante é non esquecer as medidas de seguridade. O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o xel hidrolóxico cada vez que os deportistas soben ao autobús para desprazarse. Ademais, os xogadores deberán sentarse no mesmo asento tanto na ida como na volta e respectar a distancia de seguridade.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.