Rematadas as obras de renovación do pavimento en camiños municipais do rural na parroquia de Bealo

01 Outubro 2020

O Concello de Boiro realizou obras de mellora en camiños de titularidade municipal de acceso a parcelas agrícolas na parroquia de Bealo. O alcalde, José Ramón Romero; e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron este primeiro de outubro os lugares onde se fixeron asfaltados para verificar o remate dos traballos e o resultado dos mesmos.

O proxecto consta dun orzamento total de 41.095,44 euros, unha parte subvencionada por unha liña de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Actuouse en tres puntos, nos camiños que unen os núcleos de Hermide a Candosa, Bealo e A Igrexa e A Galea con Insuachán. Con esta obra, sinalaron, “mellorase o firme dos camiños rurais de titularidade municipal, como forma de mellora da cohesión social e territorial, e mellora da vertebración do territorio”.

As actuacións, engadiron, realizáronse en vías rurais de titularidade municipal que se atopaban “nun estado deficiente e que dificultaban a accesibilidade de a interrelación entre pequenos núcleos”. A primeira das actuacións realizouse nun camiño que vai de Hermide a Candosa de 510 metros lineais no que se empregou xabre (zahorra) compactado. Outro dos camiños nos que se actuou foi o de Bealo a Igrexa, de 470 metros lineais e a terceira das actuacións, a máis grande nun camiño entre A Galega e Insuachán de 1.100 metros lineais, para estas dúas actuacións empregouse pavimento asfáltico para garantir a súa durabilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

“Pasear ou traballar”. Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...