Porto do Son aproba as bases das axudas para situacións de necesidade social

28 Outubro 2020

O Concello de Porto do Son aprobou a convocatoria e as bases das axudas para a inclusión social e a cobertura de situacións de necesidade social para o ano 2020. Estes apoios sociais van destinados a cubrir os seguintes supostos: alimentación básica e hixiene persoal e doméstica, vestiario básico, atención dos gastos derivados da vivenda habitual, gastos de aloxamento nun lugar alternativo e temporal, gastos farmacéuticos e de saúde, custes de desprazamento ou axudas escolares, entre outras situacións de necesidade que se especifican nas bases, dispoñíbeis xa para a súa consulta en formato PDF.

O prazo para a presentación de solicitudes ficará aberto durante todo o ano. As axudas para a alimentación básica e de hixiene persoal e doméstica oscilarán entre os 100 euros mensuais e os 300 (dependendo das persoas que constitúen a unidade familiar) e as dirixidas ao vestiario básico terán unha contía máxima de 200 euros ao ano por unidade de convivencia.

Polo que respecta á cobertura da luz e do gas, o consumo poderá ser subvencionado até un máximo de 300 euros ao ano por unidade familiar, no primeiro caso, e cun máximo de 180 no segundo dos supostos.

No capítulo de aluguer da vivenda, pódense conceder até tres mensualidades de cobertura, até un máximo de 1.050 euros anuais (350 ao mes). As subvencións de equipamento básico do fogar poderán chegar aos 3.000 euros (unha soa contía anual).

A cifra tope para os gastos farmacéuticos será de 200 euros ao mes, e a de tratamento especializados de 2.000 euros anuais. En cuestión de gastos de desprazamento, contémplase unha subvención de 300 euros anuais ou distribuída en tres mensualidades de 100 euros.

No capítulo de axudas escolares, fíxanse máximos de 200 euros (pago único) para a escola infantil, de 200 (pago único) para material escolar e libros de texto e de 400 euros anuais para actividades extraescolares.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.