“Xúbilo de xubilado”. Xulio Xiz

04 Maio 2024

En tempos, o Servizo Militar era para os rapaces, mais ca oportunidade de ver mundo e cerimonia de iniciación á vida de maiores, corte no estudo ou no traballo para mergullarse nun mundo hostil difícil de entender. Librei da Mili polos peores motivos (físicos e familiares), e respirei tranquilo. Pero vese que o tema seguíu preocupando, e vinte anos despois, cando ao meu fillo se lle preguntou que quería ser de maior respondeu con total seguridade: Excedente de cupo. Era a situación dos que retiraban das listas, sen ser “defectuosos”, por exceder dos necesarios no seu reemprazo.
Se agora se fai unha enquisa, e se pregunta a rapaces ou maiores a que aspiran na vida, témome que a maioría aspirará á xubilación como destino perfecto, pola presunta tranquilidade, fora da problemática laboral ou comercial.
Non son o único que se fixa nas rúas lucenses nas que non paran de pechar comercios. Non pode ser que lles vaia mal, porque a versión oficial é que todo vai ben e esto non hai quen o pare, e polo tanto é que os tendeiros logran por fin xubilarse. Certo que a situación de xubilado é perfecta, por estabilidade e tranquilidade, ainda que un teña un tic que impide o respouso propio da idade e da situación.
De cando en vez, amigos xubilados chaman a attención sobre o futuro dos pensionistas por se ao goberno de turno lle da por non ternos tan contentos. Antes de lanzarnos ás barricadas, se o Presidente do Goberno pode pararse a pensar cinco días amagando con abandoar, ben podemos os xubilados establecer un compás de espera para pensar en nós e, se fose o caso, tomar a iniciativa de declarar a algúns dos que deciden excedentes de cupo.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.