Martes de Entroido e O Carmen festivos locais en Ribeira no 2021

26 Outubro 2020

O pleno ordinario do mes de outubro no concello de Ribeira aprobou esta tarde o martes de Entroido e O Carmen como festivos locais para o ano 2021. A proposta do executivo local contou co apoio do partido do goberno e do PBBI e logrou 16 dos 21 concelleiros.

Fronte a esta proposta os demais partidos propuxeron distintas alternativas. Así os socialistas propuxeron como festivos locais o 24 de xullo, Festa da Dorna, e o 16 de xullo, adicado a Nosa Señora do Carme, como homenaxe aos mariñeiros en particular, e a todo o sector do Mar en xeral, que tanto sufreu, e sigue sufrindo, co impacto económico que está supoñendo a pandemia COVID-19.

Os outros partidos con presenza na corporación presentaron distintas propostas e así o BNG propuxo o martes de entroido e a dorna, SumaRibeira apostou polos festivos locais da Festa da Dorna e San Xoán. O PBBI decidiu apoiar a proposta do executivo local.

Pleno da Corporación de Ribeira aprobando os festivos do 2021

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.