Este mércores inaugúrase en Cabo a mostra pictórica Liñas en RGB

29 Setembro 2020

O Concello de Boiro vai inaugurar este mércores 30 unha mostra pictórica no Centro Social de Cabo de Cruz. A apertura oficial da exposición, que se poderá ver durante o mes de outubro, correrá a cargo da concelleira de Cultura, María Outeiral, quen a visitará este mércores ás 18.00 horas acompañada das e dos artistas participantes.

A colección pictórica leva por título Liñas en RGB e está organizada por un grupo de creadores da escola do artista de Taragoña Raúl Gil. Nela participan Antonio Queiruga, Belén Miguéns, Julia Gil, Jesús Suárez “Txuta”, María José Ferreira e Fran Gess, que cultivan o arte da pintura como unha inquietude persoal e decidiron levar a cabo esta mostra conxunta e dar a coñecer e incentivar esta modalidade.

RGB son as siglas do nome completo do pintor e mestre, ao que queren renderlle unha homenaxe con esta colección artística, e tamén é o acrónimo da paleta de cor (Red-Green-Blue).

A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de martes a xoves tamén pola tarde, en horario de 16.00 a 19.00 horas.

Outros artigos

A ABE realiza o sorteo da Campaña de San Valentín

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou na mañá deste venres 13 de febreiro o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio...

+

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.