En Boiro “Fillos do océano. Fotografías de Javier Teniente” poderá verse na Casa da Cultura no mes de setembro

09 Setembro 2020

A Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro acolle durante o mes de setembro a exposición fotográfica “Fillos do océano. Fotografías de Javier Teniente”, unha mostra que promove Afundación e Abanca e que chega a Boiro coa colaboración do departamento de Cultura.
A inauguración da mostra realizouse esta mañá coa presenza da concelleira de Turismo, Marisa Collazo; o director de banca institucional de Abanca, José Manuel Vilariño; a responsable da zona de Santiago de Afundación, Ana Salgado; e da entidade local, Mercedes Blanco.
“Fillos do océano” é unha homenaxe a todos os mariñeiros e artesáns que viven por e para o mar. Pretende ser tamén unha chamada de atención sobre os a vulnerabilidade dos ecosistemas mariños, para que respectemos e preservemos os océanos da destrución que hoxe ameaza este medio tan fráxil e indispensable para a nosa supervivencia.
Javier Teniente desenvolveu a súa labor como fotografo en prensa, nos
diario Faro de Vigo e Atlántico Diario e, na actualidade, traballa como fotógrafo independente representado pola axencia Getty Images. Nesta mostra poden verse fotografías que recollen o traballo no mar e as súas costumes en diversos lugares.
A mostra poderá visitarse na sala de exposicións da Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro ata o vindeiro 3 de outubro. O horario de
apertura da mostra vai ser, na primeira quincena de setembro, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e, a partir da segunda quincena, de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Os sábados está tamén aberta de 10.30 a 13.30 horas.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.