Os vándalos pintan a embarcación de emerxencias de Porto do Son

17 Agosto 2020

O Concello de Porto do Son denunciou no seu Facebook un novo caso de vandalismo nos seus equipamentos públicos, logo dos que compartiu os días pasados relativos ao mobiliario urbano do parque infantil da vila, e que se suman tristemente a outros reiterados exemplos de incivismo nas infraestruturas dos nosos concellos, nas propiedades veciñais ou nos espazos naturais (máscaras antiCOVID inzando praias e lugares de importancia turística, contedores envorcados, restos de botellóns nas praias, nos parques infantís ou nos espazos de lecer, etc).

Desta volta, o vandalismo centrouse na embarcación de emerxencias do 112 do porto sonense, que apareceu pintada na proa, na popa e máis en diversas zonas da ponte de mando. Segundo informou o Concello respecto destes feitos, “baixo ningunha circunstancia imos permitir faltas de respecto contra ninguén, pero atentar desta maneira contra un equipo que o dá absolutamente todo por nós, é inconcibíbel”. E engade: “Non se trata dun xogo de nenos e non será tratado como tal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.