O PBBI pide que se estude unha alternativa da nova variante de entrada a Ribeira

22 Agosto 2020

O PBBI presentou para o seu debate no pleno da corporación ribeirense unha moción na que se pretende se teña en conta a proposta alternativa da nova variante de entrada a Ribeira.

Segundo o escrito a Consellería de Infraestruturas e Mobilidades da Xunta de Galicia está a promover desde hai máis de dous anos a construción dun vial que permita desconxestionar o elevado e intenso tráfico que soportan as rúas da cidade de Ribeira, especialmente para as entradas e saídas da mesma. A redacción do proxecto foi adxudicada en novembro de 2018 e non foi ata febreiro deste ano en que se iniciou a exposición pública do mesmo, que contempla a construción dunha variante. Durante ese período presentáronse varias alegacións, unha das cales é de carácter colectivo e subscríbena ducias de afectados, que defenden un proxecto alternativo de circunvalación seguindo estes criterios: 1) Menor invasión/afectación das zonas urbanas existentes. 2) Menor impacto social. 3) Facilita o futuro desenvolvemento integral de Ribeira e a creación de novas zonas urbanizables. 4) Pendentes moderadas nos viais e velocidades medias elevadas que se poderían alcanzar nos diferentes tramos. 5) Menor impacto ambiental e de movementos de terras moito máis reducidos.

Este proxecto de circunvalación mereceu o prestixioso premio OvisaVISA o mellor traballo para obras lineais do ano 2018 Ovisa, dá Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños Canais e Portos da Coruña, ao que soamente poden optar proxectos coa cualificación de Sobresaliente.

Polos méritos que indubidablemente ten por se mesmo, conta cun aval máis que suficiente como para ser tido en conta. Ademais, en contra dos criterios expostos máis arriba, o proxecto de trazado da estrada variante para Ribeira ten segundo o PBBI un grande impacto ambiental xa que se van a realizar grandes movementos de terras, ao redor de 330.000 metros cúbicos de áridos para recheos e terrapléns tanto en desenvolvemento como en altura. Algunhas das ladeiras por onde vai o trazado teñen notables pendentes, co cal os noiros serán de importante consideración. Gran impacto social xa que a variante atravesa o barrio residencial de Abesadas e tamén as coñecidas como Casas Baratas, freando radicalmente os seus crecementos e o desenvolvemento urbano de Ribeira nesas zonas. Outro tanto do mesmo pasa en Cruxeiras, onde a estrada proposta pola Xunta de Galicia vai provocar o corte do devandito núcleo de poblacion e vai illar as dúas partes. O trazado desa variante vai provocar a afectación de moitas leiras urbanas, sendo moi lesivo para os intereses dos veciños de Ribeira. outro dos problemas será os problemas de tráfico na Avenida Miguel Rodríguez Bautista na zona das Casas Baratas, así como en As Abesadas, preto do colexio Bayón e da gardería municipal.  

Por todo iso o PBBI presenta para o seu debate e aprobación unha moción na que solicita que se realice un estudo comparativo de ambolos dou proxectos por persoal técnico cualificado e independente, valorando entre outros aspectos, os seguintes:   -Impacto medio ambiental, -Impacto social, -Posibilidades de desenvolvemento futuro de Ribeira, -Problemas de tráfico e contaminación acústica. Que mentres dure a realización do estudo comparativo anterior se suspendan temporalmente o proceso administrativo.

Proposta alternativa á variante de Ribeira

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...