O comercio de Boiro celebra cunha nova campaña o remate final das rebaixas

26 Agosto 2020

A Asociación Boirense de Empresarios vai celebrar ao grande o remate final das rebaixas. Farao esta semana cunha campaña de promoción comercial para os seus asociados: unha iniciativa que ten como obxectivo liquidar os stocks dos comercios nas propias tendas. A campaña desenvólvese baixo o nome de Stocks Fóra Boiro entre o 27 e o 29 de agosto.

Os comercios, durante estas datas, terán sinalizados os produtos que se porán a venta a prezos de liquidación cos carteis elaborados de xeito específico para esta campaña, co fin de “que o cliente identifique claramente os produtos”, informa a ABE, engadindo que con esta iniciativa “porase o punto e final ás rebaixas de verán e os clientes poderán adquirir produtos a prezos súper rebaixados no remate final da campaña ademais de poder ver xa nas tendas o adianto da campaña de outono”.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.