A área de Cultura de Boiro brinda actuacións culturais diversas, descentralizadas e seguras

08 Xullo 2020

O Concello de Boiro mostrou este mércores 8 os detalles da súa programación cultural para o verán, unha axenda na que leva semanas traballando arreo o equipo da área municipal de Cultura, tentando brindar actividades para todos os públicos e, por suposto, adaptadas ás esixencias da actual situación de risco sanitario. Á presentación da programación asistiron a concelleira de Cultura, Maria Outeiral, e os técnicos do departamento, Alberto García, Manola Ferreirós e Pitusa Lomba. Segundo coincidiron, buscouse, dentro das limitacións marcadas pola necesidade de asegurar a saúde da poboación, a máxima diversidade tanto nas temáticas das actividades como nos espazos elixidos para acubillalas.

O programa de accións previstas, que comeza a vindeira semana e prolóngase até o mes de setembro, abrangue espectáculos con artistas e grupos locais e, tamén, con compañías de fóra, grazas á rede de espectáculos da Deputación da Coruña da que o Concello de Boiro forma parte.

Poñéndose a fodo co programa, o equipo boirense de Cultura salientou actuacións de narración oral, como contacontos, e tamén espectáculos de rúa, musicais e de animación. Tamén destacaron as actuacións de grupos locais “coas que se pretende apoiar e dar un impulso ao tecido cultural de Boiro neste ano complicado para todos eles”, afirmou a concelleira María Outeiral.

As actuacións serán todas de pequeno formato e vanse celebrar en diversos lugares singulares en todo o municipio, coa “intención de fusionar cultura e paisaxe”, explicaron, engadindo que haberá actuacións e espectáculos en lavadoiros, como o da rúa Bao ou o da Boliña, na praza de San Ramón de Bealo, en praia Xardín, en Cabo de Cruz, en Abanqueiro, etc.

O obxectivo: descentralizar os espectáculos.

Todos os espectáculos serán de pequeno formato e pensados para aforamentos limitados e “controlando sempre as recomendacións e medidas hixiénicas”, explicaron a maiores.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.