Un pobrense investigado por un delito contra a seguridade viaria tralo accidente de Palmeira

07 Xuño 2020

A Garda Civil de Tráfico de Santiago imputa un delito contra a seguridade viaria a un condutor pobrense que deu positivo nas probas de alcoholemia que se lle practicaron tras sufrir ao redor das dúas e cuarto da madrugada do pasado mércores un aparatoso accidente de tráfico.

A Benemérita informou que someteron á proba de detección se drogas ao devandito condutor duns 40 anos que, tal e como adiantamos no Barbanza, sufriu unha aparatosa saída de vía pola marxe dereita do seu vehículo, un Seat Eivissa, no quilómetro 35,800 da estrada comarcal AC-305, de Padrón a Ribeira, ao seu paso polo núcleo de poboación de Palmeira.

O coche colisionou contra un contedor de lixo e chocou contra un peche e acabou envorcando sobre dous vehículos que estaban estacionados, un Mercedes e un Citroën C4 Picasso, que sufriron importantes danos. As taxas de alcol arroxadas por ese automobilista foron de 0,61 e 0,57 miligramos. Tanto o condutor do vehículo como a acompañante, unha muller duns 24 ano, resultaron feridos leves, aínda que só ela foi evacuada por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Barbanza.

Accidente en Palmeira. Foto Bombeiros Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.