O Concello de Boiro abre o prazo de preinscrición no Campamento Concilia de Verán Boiro 2020

16 Xuño 2020

O Concello de Boiro abre hoxe o prazo para a preinscrición no “Campamento Concila de Verán – Boiro 2020”, que se vai levar a cabo nos meses de xullo e agosto. O obxectivo desta actividade é fomentar a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares. O prazo de preinscrición está xa aberto e toda a información e formularios están na web do Concello.
O campamento deste ano difire das edicións anteriores, xa que as medidas de seguridade restrinxen o número de prazas ofertadas e a selección de participantes vaise facer exclusivamente seguindo criterios de conciliación laboral. O Campamento Concilia está destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos, nados entre o 2008 e o 2014, e empadroados en Boiro.
As persoas interesadas en facer a preinscrición nesta actividade poden escoller entre dúas modalidades horarias, de 8.00 a 14.00 horas ou de 9.30 a 13.30 horas. As datas nas que se vai celebrar o campamento son, previsiblemente, do 6 de xullo ao 28 de agosto. A preinscrición non quere dicir que se celebre o campamento, xa que que o desenvolvemento do mesmo está suxeito ás directrices das autoridades sanitarias e ao cumprimento da normativa de seguridade para nenos e nenas.
As preinscricións deben facerse, desde hoxe e ata o vindeiro 23 de xuño, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica. Para a preinscrición é preciso entregar cubertos os formularios, que se poden encontrar na páxina web, e a certificación laboral dos pais, nais, ou titores/as legais para poder facer a
valoración.

Outros artigos

San Vicente de Cespón celebra as festas do seu patrón

A parroquia boirense de San Vicente de Cespón celebra esta semana as festas na honra do seu patrón. Será unha festa en dúas quendas: por unha banda a vertente relixiosa que se concentra este mércores 22 e pola outra a troula nocturna do sábado 25 de xaneiro (a partir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...