A UNED Sénior de Boiro volve ás clases o martes 23

22 Xuño 2020

Concello de Boiro retoma a esta semana os cursos de formación da UNED Senior que se paralizaron durante o Estado de Alarma pola COVID-19. Neste semestre, ao servizo das persoas maiores do termo municipal, impartirase a modalidade de cultivo de hortalizas todo o ano.

Tal como informamos en O Barbanza e segundo lembra o Concello, o curso comezou no mes de marzo e estaba previsto que rematase agora estes días de xuño. Porén, por mor da pandemia do coronavirus, só foi posíbel impartir unha clase. A formación reiniciase finalmente o martes 23 de xuño en horario de 18.00 a 22.00 horas.

As clases teóricas vanse impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e, para as clases prácticas, acondicionouse un espazo na finca de Goiáns, na que os asistentes ao curso van a poñer en práctica os coñecementos sobre cultivo ecolóxico de hortalizas adquiridos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.