A Pousada retoma a súa actividade con Aldaolado (3 de xullo) e Cachas & Cousins (o día 4)

29 Xuño 2020

Boiro é e seguirá a ser un referente cultural galego, e, malia a COVID e as súas graves consecuencias, segue a achegar iniciativas que sortean os principais atrancos da pandemia e son quen de manter viva a chama da cultura. Esta finde temos dous exemplos disto, da man dun dos locais que máis a está a sufrir as secuelas da pandemia e que, malia todo o que caeu, segue a capear o temporal: A Pousada da Galiza Imaxinaria. Son dúas citas para compensar o baleiro deixado pola cancelación das festas locais: unha cita con Aldaolado o día 3 de xullo e outra con Cachas & Cousins ao día seguinte.

Polo que se refire á primeira, trátase do espectáculo poético-humorístico-musical Cría fama e bótate a correr, que se organiza coa colaboración da axencia AGADIC e cuxas entradas (7 euros) xa están á venda na Tenda Baldani, en Boiro, e máis na Pousada. O espectáculo comeza ás 22.30 horas.

O concerto de Cachas & Cousins, a banda compostelá de ritmos rocksteady e xamaicanos, será ao día seguinte, o sábado 4 de xullo, a partir das 23.00 horas. O prezo é de 7 euros e as entradas xa están á venda en Baldani Tenda e na Pousada.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.