Regresan os incendiarios co bo tempo. 17 hectáreas arderon na Granxa en Boiro

26 Maio 2020

Un incendio forestal, que tivo a súa orixe en tres focos, arrasou a pasada madrugada unhas 17 hectáreas de monte raso na zona da Granxa (Boiro). Foi pouco antes das dez e dez da noite do luns cando o equipo de vixilancia que ten despregado no monte da Curota a agrupación de voluntarios de Protección Civil da Pobra para a prevención de incendios forestais o que detectou que plantaran lume, polo que pasou aviso inmediato ao distrito forestal IV do Barbanza, con base en Noia, para que enviase medios á zona para participar na súa extinción. O forte vento do nordés fixo que as chamas se propagasen e estendesen en poucos minutos e dificultou os labores para sufocalo, quedando totalmente rematado ese lume ao redor das tres da madrugada coa intervención dun axente forestal, tres brigadas e tres motobombas. Á unha da madrugada, Protección Civil da Pobra recibiu unha chamada dun particular informando que plantaran lume en Lesón, polo que outro equipo desprazouse rapidamente a esa zona e conseguiu apagalo. Grazas a ese pronto aviso e á rápida intervención dos seus voluntarios, xunto cunha motobomba do distrito forestal comarcal e a patrulla de garda nocturna da Policía Local pobrense, este incendio quedou extinguido tamén ás tres da madrugada e logrouse que non arderan máis de 20 metros cadrados.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.