O Concello de Boiro participou no minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do coronavirus

27 Maio 2020

O Concello de Boiro participou na mañá deste mércores 27 no minuto de silencio convocado polo Goberno central dentro dos dez días de loito declarados deste hoxe en todo a contorna estatal. O alcalde e os concelleiros da corporación participaron na homenaxe, á entrada do consistorio, xunto cos traballadores municipais, coidando as medidas de seguridade e distancia social.

O minuto de silencio levouse a cabo en conmemoración ás 27.117 vítimas desta pandemia que a día de hoxe se contabilizan en toda España, e de xeito particular aos 5 falecidos do municipio de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.