Liberdade horaria en 112 núcleos de Boiro para facer deporte e pasear agás na capital do concello

08 Maio 2020

Os nosos concellos están a clarificar dúbidas ante a cidadanía respecto das franxas horarias para facer deporte e pasear en cada núcleo de poboación. Por exemplo o de Boiro, que vén de lanzar un comunicado no que facilita información á veciñanza sobre esta cuestión relativa á desescalada e se lle aclara que todas as localidades do concello, agás a de Boiro, cos seus 8.750 habitantes, dispoñen de liberdade horaria para facer deporte ou pasear.

O Concello lembra que a Xunta confirmou que as restricións de saídas de lecer por franxas horarias só se aplicarían en núcleos de máis de 5.000 habitantes e non a municipios completos, polo que quedarían exentos todos os núcleos do concello agás o principal: un total de 112 núcleos.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, apelou deste xeito á responsabilidade: “Temos maior liberdade para saír, pero non debemos esquecer que seguimos estando ante unha emerxencia sanitaria á que so podemos facer fronte se tomamos todas as precaucións”. Tamén puxo o foco na importancia de cumprir todas as demais restricións e coidar as medidas de hixiene.

O Concello tamén fixo fincapé no feito de que as saídas, malia non ter restricións horarias nos ditos 112 núcleos, non significa que se poidan incumprir as demais medidas de protección, como non pasear a máis dun quilómetro de distancia da vivenda (e non durante máis dunha hora), ou non saír do termo municipal para facer deporte. “É importante tamén manter a distancia de seguridade de dous metros con outras persoas e coidar todas as medidas de hixiene cada vez que saímos da casa, non realizar desprazamentos innecesarios en coche e reunirse con outras persoas”, engadiu o Goberno local.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.