Chega ás librarías o Premio Castelao de Banda Deseñada na categoría infantil, do boirense Martín Romero

06 Maio 2020

As obras recoñecidas nos Premios Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña estanse a converter en realidades editoriais para ver, tocar, ler e, tamén, para axudarnos a superar os tempos de crise sanitaria. Así o confirmou este 6 de maio a entidade provincial, que informou que os galardóns que levan o nome do ilustre escritor e político rianxeiro na súa última edición, A Caza do coruñés Alberto Vázquez e Uxío do boirense Martín Romero (primeiro na categoría infantil) xa están nas librarías. A Deputación convídanos a mercalos para contribuír “a paliar os efectos da pandemia con banda deseñada galega de altísima calidade”. As novidades editoriais déronse a coñecer coincidindo coa apertura das librarías despois da fase máis severa do Decreto de Alarma.

Trátase, informa a Deputación, das dúas obras gañadoras da décimo cuarta edición do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. O deputado de Cultura, Xurxo Couto, aproveitou a saída destes novos títulos para animar “a mercar nas librarías, espazos culturais de primeiro nivel que merecen o noso coidado e o noso apoio para superar a crise tan forte provocada pola COVID-19”.

Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), é un dos máis recoñecidos autores do panorama galego, gañador, entre outros recoñecementos, de tres Premios Goya, por Birdboy, Psiconautas e Decorado. A súa nova obra, A Caza, goza, segundo o xurado, dun “grafismo moi sólido realizado coa técnica do sumi-e con tinta chinesa”.

Alberto Vázquez é director de animación, ilustrador e debuxante de cómics con libros editados en España, Francia, Italia, Brasil e Korea e ilustracións publicadas en medios de todo o mundo. Escribiu e dirixiu curtas como Birdboy, Sangre de Unicornio ou Decorado, baseadas nos seus cómics. Ademais dos tres premios Goyas, Alberto Vázquez obtivo máis de 100 premios internacionais, entre eles, o do Festival de Annecy, Chicago. Vén de rematar a súa primeira longametraxe de animación Psiconautas, os nenos esquecidos, do que é director, guionista, director de arte e baseado na súa novela gráfica do mesmo nome.

O boirense Martín Romero, gañador en infantil e xuvenil

Esta máis recente edición dos galardóns da Deputación incluíron a modalidade específica de infantil e xuvenil, que se estrou con Uxío de Martín Romero (Boiro, 1981) da que o xurado destacou o dominio das “posibilidades narrativas do medio, dun xeito diverso e interesante cun transfundo reflexivo de moito interese para o público infantil e xuvenil”. Tamén fixo referencia ao “uso humorístico, divertido, adaptado á idade, cunha filosofía sobre a vida dun xeito lixeiro e poético”.

Martín Romero é ilustrador, autor de cómics e director de animación, disciplinas que combina para desenvolver os máis diversos proxectos. Como ilustrador realiza traballos que van desde o ámbito publicitario até o editorial. Son obras súas os cómics Las fabulosas crónicas del ratón taciturno (2011), Episodios Lunares (2015) e La deuda (2017). Martín Romero acaba de dirixir a súa primeira curtametraxe de animación titulada La noche.

Altísima calidade

O deputado da área de Cultura, Xurxo Couto, salientou a “altísima calidade das obras gañadoras, con autores de xa moito recoñecemento”, engadindo que “non hai dúbida de que os dous libros do Premio Castelao están chamados a ser obras de referencia da banda deseñada galega”.

O xurado do XIV Premio Castelao de Banda Deseñada estivo composto por Gema Sesar, Kiko da Silva, Antonio Navarro Santalla e Albert Monteys, ademais da xefa do servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat que actuou como secretaria e o deputado da área de Cultura, Xurxo Couto, en calidade de presidente. O premio está dotado con 6.500 euros ademais da publicación da obra que correu a cargo da propia Deputación da Coruña.

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.