Achan falecido a un octoxenario que desaparecera o xoves en Boiro

02 Maio 2020

O corpo sen vida dun octoxenario desaparecido na tarde do xoves en Boiro foi encontrado na mañá de hoxe venres por particulares.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo coñecemento do suceso ás 21:15 horas deste xoves. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia, o home desapareceu ás 16:00 horas desa mesma tarde.

Ao tratarse dunha zona de difícil acceso e escasa visibilidade debido ás condicións meteorolóxicas, a Garda Civil solicitou hoxe a colaboración do equipo de drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA). Deste xeito, as aeronaves do GALI, en colaboración coa Unidade Pegaso da Garda Civil da Coruña, uníronse esta mañá ao operativo para tratar de localizar ao desaparecido.

Desafortunadamente, o varón foi localizado falecido por veciños da zona ao fío das 11:30 horas de hoxe.

Cómpre sinalar que ata o lugar tamén desprazáronse os membros de Protección Civil de Boiro e, desde o 112 tamén pasouse aviso a Policía Local.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.