Boiro Novo propón ordenar as saídas a exterior da cidadanía no proceso de desescalada

29 Abril 2020

A agrupación Boiro Novo vén de lanzar peticións específicas para ordenar, xestionar e optimizar o proceso de desescalada do Estado de Alarma no concello, poñendo o foco no lecer da veciñanza no exterior dos fogares. Entre as medidas achegadas para ser tidas en conta polo Concello figuran propostas xa presentadas na última xuntanza telemática mantida co Goberno local, como a elaboración dun plan de mobilidade cidadá que estipulase a apertura paulatina e ordenada de distintos espazos públicos (parques, paseos, areais…).

A proposta de Boiro Novo, lanzada “en consonancia co que fan outros concellos da nosa comarca”, consiste en “delimitar os espazos nos que se poida pasear ou realizar actividade física individual”. Isto, engade a agrupación, faríase “por sentidos de circulación co obxecto de minimizar o risco de que se crucen persoas a menos da distancia de seguridade establecida”.

Boiro Novo tamén propón facer recomendacións a cidadanía, “a ser posíbel de xeito específico segundo grupos de poboación e en base ás directrices das autoridades sanitarias, para extremar as medidas de seguridade cando a xente saia á rúa”.

En palabras do grupo, “tanto o plan de ordenación de mobilidade, como as medidas de seguridade aconselladas deben ser anunciadas non só nas redes sociais, senón tamén nos distintos taboleiros de anuncios do termo municipal, ou en lugares de visibilidade nas rúas máis concorridas”. Boiro Novo lembra que esta vindeira fin de semana xa estarán permitidos os paseos polo exterior e, ante a previsíbel elevada afluencia de cidadáns nas rúas, “solicitamos ao Goberno local que sexa previsor e se regulen canto antes os movementos dos viandantes”.

Outros artigos

Este venres comezan as Festas de Cespón 2026

Este venres 14 comezan as Festas de Cespón, unhas moi relevantes celebracións que ofrecerán cinco días de troula, ata o martes 18 de agosto, cun completo programa de actuacións musicais, actividades relixiosas e propostas lúdicas para a rapazada. A festa comezará o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.