A veciñanza de Rianxo xa traballa no remate dun novo lote de máscaras

08 Abril 2020

Logo do primeiro lote recibido polo Concello de Rianxo, a través dunha doazón anónima, de 2.000 máscaras pendentes de seren rematadas, o Consistorio vén de ser obxecto dunha nova contribución solidaria: outro lote máis de máscaras de protección contra o COVID-19. En ambos os dous casos trátase de material que precisa unha serie de traballos de costura para poder ser empregado (as máscaras viñan pre-cortadas na parte exterior e máis na interior, polo que cumpría coselas e poñerlles a fita elástica).

Deste importante labor de posta a punto estanse a encargar as veciñas voluntarias de Rianxo dende os seus fogares, poñendo un relevante gran de area para protexer á poboación máis exposta ou vulnerábel do contaxio da pandemia. Porén, o Concello lembra que quen queira botar unha man neste traballos e dispoña de máquina de coser, ten que dirixirse ao número de teléfono 981 860 075 e dar a través desta canle os seus datos de contacto. Dende o Consistorio agradecen o traballo da xente que está a botar unha man na posta a punto destes diferentes lotes de máscaras.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.