A veciñanza de Rianxo puxo a punto un primeiro lote de 2.000 máscaras

07 Abril 2020

Seguimos a falar de voluntariado e solidariedade da nosa xente para facer fronte común contra a pandemia e as súas consecuencias, unha vontade de axudar que se manifesta de moi variadas maneiras, mesmo no desenvolvemento de material sanitario. Os días pasados o Concello de Rianxo recibiu, a través dunha doazón anónima, material para facer unhas 2.000 máscaras de protección contra o COVID-19.

Esta doazón, con todo, non podía ser empregada de boas primeiras porque as máscaras viñan pre-cortadas na parte exterior e máis na interior, polo que cumpría coselas e poñerlles a fita elástica. O labor veciñal de voluntariado non se fixo agardar e, en pouco tempo, xa estaba listo un primeiro lote coas primeiras 2.000 máscaras

Na iniciativa participaron vinte voluntarias e voluntarios. Segundo confirmou o Concello de Rianxo, o equipamento resultante repartirase nos servizos públicos en funcionamento no termo municipal. O Concello agradeceu no seu Facebook a doazón deste primeiro lote e o traballo das primeiras persoas voluntarias: “Agardamos seguir con este traballo xa que se ofreceu colaborar moita xente máis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.