Retómanse as obras da nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz

26 Marzo 2020

Malia o estado de crise, restricións e parón empresarial e social, proseguen finalmente as obras da nova sede do Club de Remo Cabo de Cruz, uns traballos que se están a desenvolver coas debidas normas de protección sanitaria e que, segundo informou o Concello de Boiro, son posíbeis novamente grazas á retirada do pau da luz que impedía o desenvolvemento do proxecto. O Goberno local tamén explica que a retirada do poste, propiedade da eléctrica Naturgy, “incumpriuse en varias ocasións”, o que rematou por adiar a execución das obras, interferindo nas mesmas.

Agora estase a traballar no noiro de terra inestábel da zona sur da obra, como paso previo para a continuación dos traballos principais. O Concello engade que nas vindeiras semanas comezarase coa cimentación do foso de remo e tamén coa cimentación e posterior execución dos muros pantalla de formigón que serán o limite da nova construción polo centro sur.

A previsión actual, e “en condicións de traballo normais”, é que no mes de abril estea totalmente rematada a cimentación, os muros de contención e os fosos de remo. Logo colocarase a estrutura e o peche prefabricado que dará forma ao inmóbel e que debería chegar a partir do día 20 de abril.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.