“Herrera en COPE” abordou o uso da b este mañá

04 Marzo 2020

O programa da cadena COPE tratou esta maña a decisión do uso da “b” no topónimo da capital barbanzán trala decisión do Concello de asumir oficialmente o topónimo Ribeira tralo informe encargado polo alcalde Manuel Ruíz á Real Academia Galega e que foi presentado onte no salón de plenos á corporación. O programa presentado por Jon Uriarte dentro de “Herrera en Cope” será en emisión nacional. Intervirán o alcalde Manuel Ruiz Rivas e o xornalista e historiador Xosé María Fernández Pazos.

Un pouco de historia.- Desde 1600 aproximadamente Santa Uxia escribeuse con V. Sería Gerónimo del Hoyo cando era coéngo cardeal da igrexia de Santiago, e como visitador da diócese encargado de percorrelos lugares que eran propiedade do arcebispado e rexistrar os seus bens que se extendería o uso da V.

Como resultado desas visitas realizadas en 1606 escribiría as “Memorias do Arcebispado de Santiago” editadas 1607 e que se encontran no arquivo da SAMI Catedral de Santiago. A obra sería publicada por edicións Porto a mediados do século pasado en Santiago.

“Memorias do Arcebispado de Santiago” 1607

Con anterioridade Santa Uxía aparece por primeira vez citada nun documento de 1387 cando o coéngo cardeal don Bernardo Domínguez deixa unha cantidade de cartos para que se celebren misas pola sua alma a varias parroquias entre elas a de Santa Ougea de Ribeira. En 1432 os diezmos eclesiásticos do “ Liber Tenencia del Horreo o memorial de la hacienda, rentas y pensiones” recolle a existencia de catro parroquias Palmeira, Oleiros, Carreira e Ribeira.

Testamento do coengo don Bernardo Dominguez do 22 de setembro de 1425 da era hispánica (1387 da actual) no que aparece por primeira vez o haxiotopónimo da parroquia actual “Santa Ougea de Ribeira” . Reproducción da obra “Santa Uxía de Ribeira. Ocho siglos de comunidade” editado pola parroquia de Santa Uxía no que se recolle a historia da mesma desde 1200

Os documentos posteriores siguen aparecendo co fonema b ata 1607 en que empeza a v. Seria nesta época cando amais o libro mais antiguo que se conserva da parroquia datado en 1633 e que aínda se conserva no arquivo diocesano, usa o fonema V.

A aprobación do uso deste fonema fora decidido no pleno a raíz do informe presentado polo cronista oficial de Ribeira, Carlos Garcia Bayón, quen basea o uso da v na existencia do apelido Mariño de Rivera.

O uso da B voltaría a actualidade cando no ano 1969-70 o corresponsal de “El Correo Gallego”, único xornal que daquela publicaba novas diarias da cidade, troca o uso da v pola b. O único argumento utilizado para ese cambio era a tese de que a v fora imposta polos industriais cataláns que desembarcarían na comarca a mediados do século XVIII, é dicir uns 150 anos despois de empezar a usala v. O feito de selo único medio que tiña continuidade na información impulsou o uso da B, dándose a dicotomía de que os nativos da cidade escriben con V e os de fora con B.

Pouco a pouco nas novas xeracións imponse o uso da B, e a iso axuda o feito de que a “Toponimia de Galicia” establece que o nome se escribe con esa grafía o proceder a orixe da denominación da beiramar do nominativo latino da primeira declinacion “ripa”.

E asi hoxe seguimos a liortas co nome, os carteis da administración autonómica e os seus organismos con B e os locais con V. Mal que nos pese ós uvistas nesta discusión, e facendo caso da evolución latina e da historia, a razón e da B e a solución definitiva é como a de Puebla e decir Pobra, Riveira será Ribeira e por iso puxemos a b no noso diario dixital e na nosa revista mensual de O Barbanza.

Recoñecerán sen embargo que o de “Riveira” dáballe unha idiosincrasia que distinguía o pobo das mais de 50 “Ribeiras” que existen en Galicia. Por certo xa postos hai que cambialo de “Avenida do Malecón”, palabra que non existe en Galego e que tería que ser “Avenida do Dique”, entre outras, que en todo hai excepcións cando convén. Xosé M. Fernández Pazos director de O Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...