As Xornadas Saudables de Ribeira porán o foco no manexo da dor, na musicoterapia ou na medicación das persoas con demencia

30 Abril 2024

O Concello de Ribeira, a través dos concelleiros Vicente Mariño e Fernando Abraldes, presentou este 30 de abril o programa da oitava edición das Xornadas Saudables, organizadas polo Departamento de Servizos Sociais Comunitarios co obxectivo de favorecer hábitos, coñecemento e recursos que favorezan a saúde e a calidade de vida da cidadanía. As actividades comezarán o vindeiro 8 de maio da man de Rosa García Alvárez, facultativa especialista en Medicina Preventiva e Saúde Público, que ofrecerá o relatorio O papel activo da e do paciente no manexo da dor crónica.

O 15 de maio celebrarase a sesión Educación emocional: técnicas de relaxación, a cargo de Mercedes Urbiola Ituarte, pedagoga e experta en metodoloxía Montessori.

A seguinte sesión será o 22 de maio e virá da man de Olga Roca Bergantiños, xefa do Servizo de Calidade Asistencia do SERGAS, que ofrecerá a charla Manexo da medicación nas persoas con demencia.

O 29 de maio desenvolverase a sesión Obradoiro de musicoterapia, a cargo de Damián Cairo Touriño, profesor de Música do Conservatorio Profesional da Coruña.

As xornadas rematarán cos obradoiros Recursos e prestacións no ámbito da dependencia, que serán impartidos en todas as parroquias nos Obradoiros de Memoria por Marta Álvarez González, traballadora social do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Ribeira.

As actividades do programa levaranse a cabo no Centro Cultura Lustres Rivas, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Están dirixidas a pacientes, familiares, persoas coidadoras e cidadanía en xeral.

Na presentación deste martes, o tenente de alcalde Vicente Mariño avanzou que nestas charlas “trataranse temas como a lei de dependencia, o recoñecemento do grao de discapacidade, a tarxeta de accesibilidade, as deducións fiscais e os novos recursos”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...