Incendio nunha finca urbana na parroquia de Corrubedo

30 Abril 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados a primeira hora da tarde deste luns 29 de abril dun incendio nunha finca urbana na estrada do Faro, na parroquia de Corrubedo, no Concello de Ribeira.

Na chegada ao lugar identificase o incendio no medio de vivendas nunha finca urbana. Logo dunha comprobación inicial procédese á extinción do lume, tendo a situación controlada en poucos minutos e procedendo a continuación a arrefriar a zona afectada.

No operativo tamén participou a Garda Civil de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión