En marcha as tarefas de limpeza e desinfección no municipio boirense

18 Marzo 2020

Os operarios municipais de Boiro están realizando tarefas de desinfección e limpeza en tódolos núcleos de poboación, incidindo nos parques infantís, mobiliario urbano e principais rúas e prazas. Neste senso, esta mañá procedeuse coa fumigación de todo o núcleo de Boiro coa pulverización de solución desinfectante para, posteriormente, facer a limpeza das rúas con maquinaria especializada. Un proceso que se vai realizar de xeito periódico en tódolos núcleos do municipio.

Ademais, o persoal encargado de servizos varios e de limpeza viaria centra o seu labor na vía pública. As tarefas de desinfección e limpeza efectúanse incidindo, especialmente, en mobiliario urbano -parques infantís, bancos, papeleiras, contedores, etcétera-, así como na propia vía pública.

Preténdese así garantir as medidas de seguridade e saúde pública, previndo os contaxios por coronavirus.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.