Boiro xa dispón de contedores para a recollida de roupa en varios puntos do municipio

02 Marzo 2020

O Concello de Boiro vén de asinar un convenio con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, o cal contempla a colocación de catro contedores para a recollida de roupa e a cesión dun local para que continúen co seu labor. Ao acto asistiron o alcalde José Ramón Romero; o director de Cáritas Diocesana de Santiago, José Anuncio Mouriño; a responsable de Cáritas Boiro, Lupe Tubío; a xerente de Arroupa, Isabel Fraga; e o párroco Rogelio Freijo.

Mediante a rúbrica do documento, maniféstase o compromiso para a colocación de varios contedores de roupa en diversos puntos do municipio para a recollida e tratamento de residuo téxtil. De feito, tres deles xa foron instalados ao longo desta mañá: no Camiño Real, xunto a Igrexa Parroquial de Santa Baia de Boiro; na rúa Pablo Iglesias, a carón da praza da Mancomunidade; e en Escarabote, na estrada xeral. Así mesmo, esta mesma semana procederase ao establecemento doutro en Cabo de Cruz, concretamente no entorno do parque infantil e pistas deportivas. Con esta iniciativa colabórase na inclusión social dos colectivos desfavorecidos, así como na protección do medio ambiente.

Por outra banda, o rexedor fixo entrega a Cáritas Boiro do documento polo cal se lle cede un espazo no edificio do Cuartel Vello coa finalidade de que a entidade local se poida trasladar a el para desenvolver a súa actividade nun lugar máis amplo e con maiores comodidades, ademais de que, ao non ter que pagar un alugueiro, poden destinar a contía a outras accións. Unha decisión que tamén se traducirá nunha mellor atención aos usuarios e distribución dos servizos.

José Anuncio Mouriño destacou o labor de Cáritas na loita contra a pobreza, perseguindo que a xente teña unha vida digna. No que respecta a Arroupa, sinalou que a súa andaina empezou en 2015, consolidándose ao ano seguinte, logrando na actualidade que 15 persoas xa leven unha vida completamente autónoma. Tamén se referiu a que a oferta para a colocación dos referidos contedores partiu do Concello e gabou o traballo de Cáritas Boiro, a cal, segundo afirmou, constitúe “unha das máis activas da Diócese.”

Na súa intervención, o mandatario local indicou que unha das liñas de traballo é a busca da coordinación con tódalas entidades sociais, establecendo sinerxías e significando unha mellora nos Servizos Sociais.

O resto de asistentes expresaron o seu agradecemento ao Concello e salientaron o labor desenvolvido por Cáritas.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.