A primeira parada de Un café co alcalde contou coa participación de trinta veciños do Esteiro

21 Febreiro 2020

Unha trintena de persoas asistiron onte á unitaria do Esteiro para participar na actividade Un café co alcalde, constituíndo unha proposta de participación cidadá directa que comeza en Cabo de Cruz e coa que se pretende chegar a tódolos núcleos de poboación. Neste encontro, a veciñanza do Esteiro puido conversar de xeito distendido co rexedor de Boiro, José Ramón Romero; o tenente de alcalde, José Luis Ruiz; e a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Durante o transcurso da xuntanza afondaron especialmente na limpeza das vías e desbroces, na recolocación dos contedores do lixo e nos asfaltados en algúns puntos. O edil de Urbanismo e Obras, José Luis Ruiz, aproveitou a ocasión para explicar a actuación enfocada nas beirarrúas pola zona do Esteiro ata Cabo de Cruz, con cargo ao POS 2020.

Pola súa banda, o mandatario local expresou o seu agradecemento polas aportacións da veciñanza para a mellora do lugar. Neste senso, afirmou que “para nós estas xuntanzas cos veciños son moi produtivas, xa que nos poñen en coñecemento demandas colectivas das que doutro xeito non teríamos coñecemento.”

Desde o Concello manifestan que o obxectivo destes encontros periódicos radica en coñecer as demandas da veciñanza dun mesmo lugar para darlles solución. A intención é que se desenvolvan mensualmente, percorrendo tódalas parroquias e resolvendo as necesidades progresivamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...