Traballo coordinado para a promoción do Camiño de Santiago do Barbanza

16 Xaneiro 2020
Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

Membros da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe reuníronse na tarde de onte cos alcaldes e persoal técnico da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. A razón deste encontro radicaba en establecer unha coordinación e plan de traballo en relación ás accións previstas do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe 2020.

Desde a entidade supramunicipal apostan pola implicación dos colectivos asociativos da comarca coma principais actores que interveñen no territorio. Neste ocasión, a asociación encargarase de achegar os distintos percorridos que compoñen a referida ruta a través dunha exposición que xa estivo na Casa Consistorial de Ribeira, recalando actualmente na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal e que, nos vindeiros meses, chegará aos concellos de Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón debido ao carácter itinerante da mostra, a cal reflicte por medio de fotografías as evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago.

Ademais, contémplase a realización dunha peregrinación por etapas, así como a sinalización completa do traxecto.

Tódalas accións previstas contarán coa promoción e difusión que se levará a cabo desde Arousa Norte coa finalidade de consolidar e promover este Camiño como unha ruta de peregrinación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.