Iniciada a marcaxe provisional do Camiño de Santiago no Barbanza

14 Xaneiro 2020
Cedida por Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe

A recuperación do Camiño de Santiago no Barbanza vén de tomar un novo impulso coa marcaxe provisional iniciada neste 2020. Polo de momento realizouse no conxunto do municipio de Ribeira ata a parroquia de Santa María do Xobre, na Pobra do Caramiñal. Desde a Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe manifestan que, previsiblemente, o proceso estará completo no mes de abril, realizándose unha peregrinación conxunta antes do comezo do verán, sen descartar outras a maiores. Neste senso, o secretario da referida asociación e documentalista, Antonio González Millán, indica que mañá manterán unha reunión cos alcaldes dos concellos que conforman a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte para abordar, entre outros aspectos, a posibilidade de establecer un distintivo específico co que identificar o itinerario do camiño para evitar que as marcaxes provisionais desaparezan como consecuencias da climatoloxía, se confundan con outras sinais ou que terceiros alteren o traxecto; todo isto mentres a Xunta de Galicia non o recoñeza oficialmente en anos sucesivos e incorpore a súa indicación unha vez dispoña dos datos do volume de usuarios, pois no que respecta aos demais requisitos, tal e como insiste González Millán, dito camiño está xustificado e argumentado en referencias manuscritas e publicacións a carón dun traballo de investigación a pé de territorio.

Para a localización e identificación deste camiño realizouse un vaciado documental de arquivo e lecturas de itinerarios antigos, a partir do que se conformou un prontuario con aqueles lugares polos que transitaban os viaxeiros. Deste xeito, logrouse a súa rehabilitación, incluíndo o estudo de alternativas válidas para superar tramos desaparecidos, afectados, impracticables ou perigosos ao tránsito peonil. Confórmase así unha vía terrestre practicable en cinco etapas, seguindo os parámetros ao uso na peregrinación a pé.

En relación á nomenclatura A Orixe, González Millán fai fincapé na súa pretensión de que sexa un camiño que se poida realizar desde Barbanza cara Santiago, ademais de que calquera viaxeiro que atravesase a Península Ibérica e chegue a Compostela se dirixa ao xerme, a nosa comarca

Polo tanto, trátase dun exhaustivo traballo ao longo de dous anos e coordinado en colaboración coas Administracións públicas, existindo “moi boa receptividade por parte dos Concellos e da Mancomunidade.”

O Camiño de Santiago desde Barbanza discorre polos termos municipais de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón, localidade onde enlaza co itinerario da Ruta Xacobea Portuguesa cara a capital de Galicia. Así, a distancia entre o punto de orixe do referido itinerario e o sepulcro do Apóstolo suma 112 quilómetros de percorrido, posibilitándolle ao peregrino obter a Compostela.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.