A mostra sobre as pegadas do Camiño de Santiago en Barbanza recala na Pobra

08 Xaneiro 2020

Despois do seu paso pola Casa Consistorial de Ribeira, a exposición itinerante As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: A Orixe chega á Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal. Dita mostra reflicte por medio de fotografías as evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago, percorrido que foi presentado en sociedade o 19 de decembro de 2019 en Compostela.

Organizada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe e comisariada por Antonio González Millán, inaugurarase no municipio pobrense o xoves 9, ás 20.00 horas, podendo visitarse ata o 31 de xaneiro.

A recuperación do camiño terrestre que transita polos municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón e desde Iria Flavia ata Santiago, é o resultado de dous anos de traballo coa fin de facer aflorar e poñer en valor as pegadas da tradición xacobea nas terras do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...