Unha mostra sobre as pegadas do Camiño de Santiago en Barbanza exhibirase no Consistorio ribeirense

19 Decembro 2019

A Casa Consistorial de Ribeira será o primeiro destino dunha exposición itinerante que, baixo o título As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: A Orixe, reflicte por medio de fotografías as evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago, itinerario cuxa presentación en sociedade está prevista para hoxe á tarde na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos.

A mostra, organizada  pola Asociación do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe e comisariada por Antonio González Millán, inaugurarase o sábado 21, ás 13.00 horas, podendo visitarse ata o 6 de xaneiro.

A recuperación do camiño terrestre que transita polos municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón e desde Iria Flavia ata Santiago, é o resultado de dous anos de traballo coa fin de facer aflorar e poñer en valor as pegadas da tradición xacobea nas terras do Barbanza.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.