Presentadas 39 obras ao XLV Premio Modesto R. Figueiredo

13 Xaneiro 2020

Un total de 39 obras foron presentadas á XLV edición do certame galego de narracións breves Premio Modesto R. Figueiredo, un dos máis prestixiosos concursos de literatura galega contemporánea. O xurado do concurso reuniuse o pasado sábado no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, municipio que tamén albergará o acto público de entrega de premios o 25 de xaneiro.

O xurado estivo composto por Xosé Ramón Fandiño Veiga, presidente do Pedrón de Ouro; Antonio Piñeiro, en representación do Concello; Ruben Eyré, polo PEN Clube de Escritores de Galicia; Agustín Agra, pola Asociación de Escritores en Lingua Galega; e José Carou, gañador da edición do 2018 e como representante da Fundación do Pedrón de Ouro. Actuou como secretario David Otero, tamén secretario do Pedrón de Ouro.

Cómpre lembrar que, de acordo coas bases do certame, a obra gañadora está premiada con 1.000 euros e o xurado pode decidir tamén que haxa ata dous segundos premios (accésits), cada un dos cales está dotado con 400 euros. O concurso está dirixido a autores e autoras de calquera nacionalidade, cunha ou máis obras, sempre que estean escritas en lingua galega, sexan inéditas e non se presentasen antes a ningún outro certame literario.

Na entrega do día 25 darase a coñecer a identidade da persoa gañadora, así como do accésit ou accésits no caso de que os haxa.

Nacido en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro, o seu primeiro gañador foi Xoán Ignacio Taibo co relato A enquisa. Tras o falecemento do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo, vicepresidente do Pedrón de Ouro, adoptou o nome deste a partir da súa terceira edición. Na nómina de gañadores figuran escritores coma Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Alcalá, Anxel A. Rei Ballesteros, Víctor Fernández Freixanes, Manuel Riveiro Loureiro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Miguel Anxo Fernán Vello, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Roman Raña Lama, Antón Castro, Ánxeles García Sumay, Ramiro Fonte, Miro Villar, Ramón Nicolás Rodríguez, Luísa Villalta, Helena Villar Janeiro, Antón Riveiro Coello, Lino Braxe Mandiá, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros Díaz, Luís González Tosar, Inma López Silva, Antón Rodríguez López, Beatriz Dacosta Molares, Emma Pedreira, María Esther Fernandez Carrodeguas, Begoña Paz Rey, etcétera.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.