Ribeira acollerá a entrega do ‘XLV Premio Modesto R. Figueiredo’

17 Outubro 2019
Gañadores da pasada edición. Facebook do Concello de Mazaricos

20191017. A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, coa colaboración do Concello de Ribeira, organiza a XLV edición do certame galego de narracións breves Premio Modesto R. Figueiredo. Este trátase dun dos máis prestixiosos concursos da literatura galega contemporánea con gañadores da talla de Xosé Luis Méndez Ferrín, Xavier Alcalá, Víctor Freixanes, Miguel Anxo Fernán Vello, Tucho Calvo, Margarita Ledo, Rosa Aneiros, Carlos G. Reigosa, Inma López Silva, Antón Riveiro Coello ou Esther F. Carrodeguas, entre moitos outros.

O prazo de presentación de obras está aberto ata o 20 de novembro. Poden participar tódolos autores e autoras de calquera nacionalidade, cunha ou máis obras, sempre que estean escritas en lingua galega, sexan inéditas e non se presentasen antes a ningún outro certame literario. Terán ademais unha extensión mínima de cinco e un máximo de trinta páxinas mecanografadas, a dobre espazo e por unha soa cara en follas de tamaño DIN A4.

Os traballos deben enviarse por quintuplicado sen remite ben á Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro (Apdo. de Correos 627, Santiago de Compostela) ou ben ao Concello de Ribeira (praza do Concello nº 1, 15960 Ribeira).

A obra gañadora será premiada con 1.000 euros. Porén, se o xurado considera de calidade outras obras, dúas delas máis poderán obter segundos premios que serán de 400 euros. A entrega terá lugar nun acto organizado polo Concello de Ribeira en día e data que se dará a coñecer proximamente.

Nacido en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro, o seu primeiro gañador foi Xoán Ignacio Taibo co relato A enquisa. Tras o falecemento do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo, vicepresidente do Pedrón de Ouro, adoptou o nome deste a partir da súa terceira edición. Na nómina de gañadores figuran escritores coma Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Alcalá, Anxel A. Rei Ballesteros, Víctor Fernández Freixanes, Manuel Riveiro Loureiro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Miguel Anxo Fernán Vello, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Roman Raña Lama, Antón Castro, Ánxeles García Sumay, Ramiro Fonte, Miro Villar, Ramón Nicolás Rodríguez, Luísa Villalta, Helena Villar Janeiro, Antón Riveiro Coello, Lino Braxe Mandiá, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros Díaz, Luís González Tosar, Inma López Silva, Antón Rodríguez López, Beatriz Dacosta Molares, Emma Pedreira, María Esther Fernandez Carrodeguas, Begoña Paz Rey, etcétera.

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.