Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de lingua e cultura galegas para persoas foráneas

09 Xuño 2026

Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa “integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva”, tal e como destacou este 9 de xuño o secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a xornada de formación celebrada para as entidades locais que acollerán estas propostas.

Na mesa da xornada participou a responsábel de Política Lingüística do Concello de Ribeira, Alicia Padín.

García lembrou que se trata dunha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego e que ao seu abeiro realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades.

Neste senso, Valentín García destacou que “a poboación proveniente do exterior e asentada no territorio é un dos núcleos da sociedade onde poñemos o foco para incentivar a presenza da lingua, poñendo á súa disposición ferramentas para achegarse tanto a nocións de gramática básica como a contidos culturais e históricos”. Así, “tras a grande acollida na súa primeira edición”, puntualizou, porase en marcha de novo este programa formativo ata o primeiro semestre de 2027 e que se desenvolve a través da Rede de Dinamización Lingüística, así como a través de varios convenios de colaboración con Cáritas Federadas Galicia, Cáritas Diocesana Lugo e a Cruz Vermella

Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de fonética, para familiarizarse cos sons do galego e mellorar a pronuncia; de gramática, centrada nas estruturas básicas e frecuentes da lingua; de léxico útil, cun enfoque comunicativo para situacións cotiás, e culturais, nos que tamén hai unha aproximación á historia do galego.

Cómpre destacar neste senso que, grazas a esta iniciativa, que se desenvolveu durante o 2025, elaboráronse materiais en liña descargábeis que agora están a dispor da comunidade internauta e de xeito gratuíto no Portal de Lingua para calquera persoa interesada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.