O xantar dos maiores de Boiro está previsto para 800 comensais

23 Xaneiro 2020

O Concello de Boiro organiza, un ano máis, o tradicional xantar dos maiores, o cal se celebrará o 14 de febreiro, ás 14.00 horas, no pavillón municipal de Barraña. O prazo de inscrición estenderase desde o 27 de xaneiro ao 7 de febreiro. Neste senso, abriranse dous procesos: un para os censados en Boiro e, coas vacantes, outro para a veciñanza doutros municipios. As persoas interesadas deberán dirixirse á Casa Consistorial para recoller a súa carta de pago e, unha vez efectuado o ingreso, recoller o tícket de entrada.

O catering está previsto para 800 comensais e constará de tres mariscos -ameixa, langostino e camarón-, rape, xarrete e sobremesa. O prezo do menú para os usuarios será de 20 euros por comensal.

Ademais da comida, os asistentes poderá desfrutar dunha tarde de música e baile, xa que este xantar de confraternidade ten como obxectivo que as persoas xubiladas de Boiro pasen unha xornada agradable en conxunto. Desde o Concello manifestan que esta celebración, a cal de realizaba habitualmente a finais de ano, se trasladou ao mes de febreiro para separalas das festas do Nadal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.