Medio cento de persoas participaron no primeiro almorzo da ABE de 2020

30 Xaneiro 2020

A Asociación Boirense de Empresarios arrancou en 2020 con máis formación avanzada para os seus integrantes. Estamos a falar dos Almorzos da ABE, que colleron impulso esta semana coa xuntanza con Juan Magariños, especialista en xestión, eficiencia e rendibilidade, titulada Dirixes o teu negocio ou é o teu negocio o que te dirixe a ti? Segundo informa a ABE, debido a alta demanda de asistencia houbo que trasladar a habitual localización dos Almorzos (a Aula 1 da ABE con capacidade para 30 alumnos) para o salón de actos, xa que foron 51 as empresarias e empresarios que asistiron a esta xornada.

Durante os 90 minutos que durou a sesión os asistentes coñeceron de primeira man as pautas fundamentais para tratar de mellorar a produtividade dos seus negocios e alcanzar os seus obxectivos de medre, expansión e competitividade. “O tempo é un recurso moi valioso que non poderás mercar, só xestionar e durante a charla veremos os hábitos de éxito que utilizan menos do 5 % das persoas que logran resultados excepcionais nos seus negocios”, indicou Magariños ao inicio da presentación, xusto antes de abordar as principais metodoloxías das que botar man para facer “que as empresas ascendan niveis, ingresen máis e empreguen para isto os menores recursos posíbeis”.

Ao finalizar, coma de costume, houbo marxe para o intercambio de información e o networking entre o relator e alumnos no café posterior que sempre acompaña os Almorzos da ABE.

Juan Magariños é director e fundador de Optimiza Tu Negocio. É enxeñeiro con mestrado en Coaching Internacional e Posgrao en Dirección e Xestión en Recursos Humanos (RRHH). Dende 2013 asesora e forma a emprendedores, PEME e autónomos no seu desenvolvemento de negocio. Ten na súa bagaxe máis de 1.000 horas certificadas de asesoramento e seguimento profesional a empresas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.