Concello de Boiro e Deputación da Coruña trazan liñas de traballo comúns en materia educativa

08 Xaneiro 2020

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación, María Outeiral, reuníronse esta mañá no Concello coa deputada provincial delegada das áreas de Xuventude e Educación, Sandra González, co obxectivo de trazar liñas de traballo comúns entre ambas Administracións en materia educativa, así como referir o estado do municipio boirense no que respecta a este eido.

A edil María Outeiral expúxolle á deputada os distintos proxectos que ata o de agora se están desenvolvendo entre o Concello e os centros educativos do termo municipal. Tamén aproveitou a ocasión para presentar aquelas outras iniciativas que desde a Concellería de Cultura se queren impulsar para a xuventude, especialmente para os adolescentes ao considerar que se trata da franxa de idade que dispón de menos propostas pensadas para eles.

Ademais, nesta primeira visita oficial a Boiro asistiron ao CEIP de Escarabote para falar co persoal da Dirección. A deputada Sandra González amosouse interesada en seguir percorrendo os centros de ensino de Boiro en futuras visitas para coñecer os diversos proxectos educativos e pensados para a mocidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.