Os nacionalistas de Boiro presentan as propostas para os orzamentos de 2020

06 Novembro 2019

O BNG boirense anunciou esta mañá as súas propostas para o orzamento municipal de Boiro para o 2020. Acompañada por Xosé Deira, Carlos Ansoar e Santos Saborido, a voceira da formación nacionalista local, Raquel Suárez, explicou que as iniciativas se clasifican en catro grandes bloques.

Así, no de servizos sociais enmárcase o inicio de trámites para o estudo da mellor localización da Residencia da Terceira Idade, pois a concelleira nacionalista manifestou que “é moi necesaria no noso concello”; así como unha partida para vivendas sociais ao estar Boiro adherido ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia despois da aprobación da moción presentada polo Bloque na anterior lexislatura.

No eido da cultura, solicitan unha partida para a rehabilitación do pazo de Goiáns, converténdoo “nun referente cultural, turístico, un reclamo para o noso municipio e iso tamén redunda na economía”; o acondicionamento e dotación, tanto de persoal coma de material, para o Centro Social de Abanqueiro; e a apertura de Radio Boiro, xa que “é unha canle de participación veciñal, un instrumento tamén de pluralidade e un medio público que tiñamos no noso municipio.”

Respecto á dotación de servizos, recóllese a apertura do aparcadoiro de A Negral; a dotación de zona de estacionamento para vehículos de dúas rodas; un equipo para a erradicación da avespa velutina en altura; a municipalización do complexo deportivo de A Cachada; e o arranxo da estrada Redullo-Ameán.

En canto ao bloque de medio ambiente, requiren unha mellora do servizo do lixo e a introdución do modelo de compostaxe, o cal “favorecería o medio ambiente e reduciría a factura que hai que pagar a SOGAMA.”

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.