Eu quero ser galega e unha sesión dupla de contancontos engrosan a semana cultural de Boiro

06 Novembro 2019

A semana cultural de Boiro será unha semana completa e diversa. O novo capítulo de espectáculos para as familias achegados polo Concello comeza este xoves 7 de novembro cunha sesión dupla de contacontos para a rapazada de máis de 4 anos: primeiro unha narración da obra 3+1=7, de Isha Bottin e Gaspard Tamasse, e logo O segredo de Flora, de Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Esta xuntanza cos relatos en familia está prevista para as 18.00 horas, na Biblioteca Municipal de Boiro. Segundo fai saber a organización, para acudir a estes contacontos, moi indicados para facelo en familia, teremos que facer unha reserva previa na Biblioteca.

Ao día seguinte agárdanos unha nova actividade cultural a cargo de Stephy Llaryora, que representará o espectáculo Eu quero ser galega, na Casa da Cultura de Boiro a partir das 21.00 horas. Trátase dun monólogo para maiores de 12 anos que inclúe dúas partes narrativas, cada unha co seu contido e personaxe independente. A primeira relátanos a estadía de Stephy en Nueba LLorq sen sexo (en castelán). Na segunda parte (en galego) atopámonos a unha transformada Stephy, produto da súa chegada e vivencias en Galicia. Agora será Stefilloa.

O espectáculo que se representa en Boiro este venres está escrito e interpretado especialmente por e para o público galego. Na segunda parte do mesmo, que é onde se concentra o maior compoñente de galeguidade, a a actriz de orixe vasca contaranos o seu desexo de integrarse e ser adoptada pola nosa cultura, a través dunha infinidade de aventuras autobiográficas e altamente cómicas que viviu desde a súa chegada a estas terras. Eu quero ser galega é, polo tanto, un monólogo dunha vasca querendo galeguizarse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...