Literatura, música e teatro para homenaxear a Valle-Inclán durante a fin de semana

25 Outubro 2019

A vixésimo primeira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán continúan ao longo desta fin de semana na Pobra do Caramiñal. Así, o eido literario estará marcado pola presentación, da man da Asociación Cultural Barbantia, de Consolación a Marcia; Consolación a Helvia, unha tradución do latín ao galego asinada por María Isabel Santos Davila. A cita terá lugar nesta mesma xornada, venres 25, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Tamén haberá música a cargo de Barahúnda, que dará a coñecer, o sábado 26, o seu novo disco Onde vai o mar?, acto no que farán referencia ao escritor homenaxeado e que se celebrará no Elma, ás 20.30 horas.

Por outra banda, o apartado teatral desenvolverase no Elma, ás 20.00 horas, con Teatro del Norte, que será o encargado de escenificar, o domingo 27, Retablo de la Avaricia, la Lujuria y la Muerte.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...