A Pobra oferta unha ampla programación cultural nas xornadas de homenaxe a Valle-Inclán

15 Outubro 2019

20191015. Unha vez remate o I Ciclo Victoriano García Martí o 20 de outubro, A Pobra do Caramiñal volverá a converterse nun fervedoiro cultural con motivo da vixésimo primeira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. O programa deste evento está composto por un amplo abano de actividades para tódolos públicos que se desenvolverán desde o 23 de outubro ao 30 de novembro, incluíndo teatro, concertos, ofrenda cívica ou conferencias, entre outros. A sala de exposicións do Museo Valle-Inclán acolleu esta mañá a presentación, á cal asistiron o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; e o director do Museo, Antonio González.

O apartado teatral desenvolverase no Elma. Cachirulo Teatro representará o 23 e 24 de outubro a obra Farsa italiana da namorada do rei, adaptación do texto de Valle-Inclán destinada aos escolares. Teatro del Norte será o encargado de escenificar o 27 de outubro Retablo de la Avaricia, la Lujuria y la Muerte. Os artistas pobrenses Roberto Leal e Gemma do Carmo percorrerán as salas do Museo Valle-Inclán o 31 de outubro para interpretar Ambitus amoenus: De teatro nunha Torre con alma de artista. A Compañía Tatana Teatro levará a escena o 3 de novembro a obra Memorias da Árbore da Noite Triste: Último acto de Valle-Inclán.

O eido literario celebrarase no Auditorio do Museo Valle-Inclán, comezando o 25 de outubro da man da Asociación Cultural Barbantia coa presentación de Consolación a Marcia, unha tradución do latín ao galego asinada por María Isabel Santos Davila. Como en edicións pasadas, o 31 de outubro verán a luz os números 37 e 38 da revista Cuadrante. O 30 de novembro amosarase O meu bisavó, a primeira curta en galego e ilustrada de Ramón del Valle-Inclán, entregándoselle exemplares ao público.

Tamén haberá música da man de Barahúnda, que dará a coñecer, o 26 de outubro, o seu novo disco Onde vai o mar?, acto no que farán referencia ao escritor homenaxeado.

Ademais, o 30 de outubro haberá ofrenda cívica nos xardíns Valle-Inclán, amenizada polo grupo de música tradicional Os Caraveiros e que inclúe ofrenda floral fronte ao busto do autor, chantado da camelia xapónica creada por Begoña Franco en honor ao intelectual e lectura pública de textos seus nos que alude a esta especie botánica.

Así mesmo, o Auditorio do Museo Valle-Inclán albergará o 22 de novembro o parladoiro Ramón del Valle-Inclán e familia no casal da Mercé, con proxección de imaxes inéditas. Contará coa intervención de Xaquín del Valle-Inclán Alsina, descendente directo do escritor e investigador. Os asistentes serán agasallados coa reprodución numerada e asinada dunha ilustración de Héitor Picallo, creada especialmente para estas xornadas, tratándose dunha edición limitada a 150 exemplares.

Por outra banda, terá lugar a exposición Borranchos. Aproximación á obra de Valle-Inclán no Teatro Auditorio Valle-Inclán de Vilanova de Arousa -do 18 de outubro ao 3 de novembro- e no Museo Fundación E. Granell de Santiago de Compostela -do 7 de novembro ao 1 de decembro-.

A edil Patricia Lojo indicou que estas xornadas están promovidas pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia e polo Concello da Pobra do Caramiñal, así como organizadas polo Museo Valle-Inclán. Deste xeito, manifestou que estas actividades destacan pola posta en valor da figura do creador galego, o traballo da Casa-Museo que dinamiza a súa memoria e obras literarias e a “suma da concorrencia de cooperacións que testemuñan o aprecio social que teñen estas xornadas, que van dende as administracións e institución públicas, entidades académicas e asociacións culturais.”

O director do Museo Valle-Inclán pobrense, Antonio González, precisou que moitas das actividades se centrarán na fin de semana co obxectivo de facilitar a asistencia das persoas a cada un dos eventos organizados. No que respecta á revista Cuadrante, sinalou que “son números especialmente interesantes para os veciños de Arousa e, xa que estamos na Pobra, tamén un guiño cara o Barbanza. Son uns monográficos a Valle-Inclán e a Josefina Blanco con documentación que os sitúa nestas terras.”

Na súa intervención, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, recoñeceu o labor do Concello pobrense e do Museo Valle-Inclán, felicitándoos pola programación deste ano, así como polo I Ciclo Victoriano García Martí. O representante desta área da Xunta destacou “a diversidade de propostas” e fixo fincapé en tres cuestións: a ofrenda cívica; a participación de Xaquín del Valle-Inclán Alsina supoñendo “un valor engadido”; e a revista Cuadrante “de enorme calidade e, sobre todo, de enorme orixinalidade.” Aproveitou para lembrar as obras que se están realizando no Auditorio nunha colaboración entre a Xunta, Concello e Museo, as cales “agardemos antes de fin de ano poder inauguralas e que todo o mundo vexa a mellora.”

Finalmente, o rexedor Xosé Lois Piñeiro apuntou que o último acto do I Ciclo Victoriano García Martí, o cal se corresponde coa obra de teatro Don Severo Carballo. Del alma gallega, que se escenificará o 20 de outubro, supón “un punto de conexión” entre os dous eventos e os dous autores. Da mesma maneira, expresou o seu agradecemento a tódalas persoas e entidades que fixeron posible estas xornadas.

Outros artigos

A Pobra suma dúas novas citas coa cultura no Cantón da Leña

A programación cultural da Pobra do Caramiñal continúa a próxima semana con dúas propostas no Cantón da Leña. Sue Moreno, con 5.0, e Rendos Pequeno, con Charlatán Rodríguez, protagonizarán as funcións previstas para o martes 11 e o xoves 13 de agosto, ambas ás 20.30...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.