As obras claves do estoicismo de Séneca preséntanse o 25 na Pobra

18 Outubro 2019

20191018 O vindeiro 25 de outubro imos ter na Pobra unha cita cultura clásica: a presentación da tradución ao galego de Consolación a Marcia e Consolación a Helvia do filósofo Séneca, editada polo selo de Cangas Editorial Rinoceronte. A presentación virá man da cabeza da Asociación Cultural Barbantia, Rinoceronte, La Voz de Galicia, o Concello da Pobra e a Deputación da Coruña. Durante o acto tamén se dará a coñecer o número 148 de A Voz de Barbantia.

Contarase coa participación de María Isabel Santos Davila, tradutora das devanditas obras do filósofo de orixe cordobesa e responsábel da introdución e das notas. A cita será o 25 de outubro, como dixemos, a partir das 20.30 horas na sala de mostras do Museo Valle-Inclán da Pobra.

Acompañarán á tradutora da obra, o editor da editorial Rinoceronte, Moisés Barcia; o coordinador da colección Vétera, Raúl Gómez Pato; o socio de Barbantia, Xesús Laíño, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro. A actividade acompañarase da intervención musical do guitarrista Juancho.

Consolación a Marcia, en latín orixinal Ad Marciam de Consolatione, é unha obra escrita por Lucio Anneo Séneca en torno ao ano 50 e.v. A obra foi escrita para unha muller coñecida súa chamada Marcia, quen vive mergullada no loito pola morte do seu fillo por un período que xa dura máis de tres anos. No libro, Séneca debulla un dos piares da súa filosofía estoica: o recoñecer a morte como “algo natural e inevitábel” que pode sobrevirnos en calquera intre.

Polo que se refire a Consolación a Helvia, foi adicada á nai do filósofo, quen perdeu previamente á súa propia proxenitora co seu nacemento e logo foi quen de sobrevivir ao seu marido e a tres netos, o último dos cales, o fillo de Séneca, viña de falecer recentemente (durante o exilio de Séneca na illa de Córcega).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.