A segunda edición da festa infantil de JEALSA encheu Boiro de xogos e divulgación tecnolóxica

04 Outubro 2019
Un intre dos obradoiros celebrados en Boiro/ Fotos: JEALSA

20191004 Boiro foi este sábado un fervedoiro de celebracións, divulgación científico-tecnolóxica e impulso de talentos novos. E foino da man de JEALSA, que organizou a segunda edición da súa festa infantil para a rapazada en Barraña e máis na Cachada. O obxectivo da xuntanza foi celebrar a chegada do outono contribuíndo a facer o “o máis levadía posible a transición do verán cara ao inicio de tempada escolar”. Na segunda edición da Festa #Peixes participaron ducias de nenas e nenos, fillas e fillos da comunidade de traballadoras/es da firma conserveira na comarca do Barbanza.

Desta volta, foron dous os escenarios onde tivo lugar a celebración. Por unha banda, o pavillón de Barraña, que acolleu aos máis pequenos con música, obradoiros infantís e inchables. Alí, informa JEALSA, “pequenos e maiores gozaron durante toda a mañá dun ambiente de festa e xogos”.

A gran novidade deste ano foi a cita de divulgación que organizou a empresa na Casa da Cultura do parque da Cachada, onde se desenvolveron dous talleres para os máis maiores (de 8 a 12 anos) baseados nunha aprendizaxe innovadora co fin de potenciar a creatividade dos nenos e nenas en eidos como a ciencia, a tecnoloxía ou o deseño (o que se coñece como materias STEM, que son as siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

Por temas, abordáronse de cheo cuestións como o deseño e a Impresión 3 D, mostrando ante a rapazada o funcionamento de diversos aparellos e tecnolóxicas e permitindo aos nenos faceren as súas propias creacións. Outro dos recantos temáticos foi o da biotecnoloxía, onde as e os participantes fabricaron os seus propios microscopios (que ao finalizar carrexaron ás súas casas), e observaron diferentes microorganismos que se atopan ao noso ao redor.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.