A ABE súmase ao rosa polos actos do Día Mundial Contra o Cancro de Mama

14 Outubro 2019

20191014. Con motivo da terceira edición da Andaina Solidaria contra o cancro de mama que se celebrará en Boiro o domingo 20 con xa 2.000 inscritos, a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) manifesta que colaborará coa causa tratando de dar visibilidade a través dos escaparates dos establecementos asociados, podendo participar calquera sector.

Desta maneira, o obxectivo é conseguir que, entre o 14 e o 20 de outubro, os escaparates vistan de rosa. No que respecta á decoración, os participantes teñen total liberdade e a ABE tamén porá a disposición un cartel informativo da iniciativa que se pode recoller na sede ou descargalo da páxina web www.abe.gal.

Unha vez ataviados os establecementos, poderase subir unha foto ás redes sociais co hashtag #andainarosaboiro ou etiquetar a @cimadevilasaude ou @boiroaberto para que se difunda.

Así mesmo, a ABE propón que, durante as xornadas do sábado 19 e o domingo 20 -este día a hostalería-, os participantes atendan á clientela vestindo a camiseta rosa oficial do evento.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.